CANTO SABES DE POLONIA? IV
Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.
A contestación á pregunta de onte é, aproximadamente, 312.000 km2. Para ser exactos 312.696 km2. Para que fagas comparación, España ten 506.030 km2, Portugal ten 92.152 km2 e Francia ten 643.801 km2.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Que poboación, aproximada, ten Polonia?
- 30 millóns
- 37 millóns
-45 millóns
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e countrymeters.info/es Imaxes:es.wikipedia.org e conocepoloniaya.blogspot.com
0 comentarios