CANTO SABES DE POLONIA? VIII
Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.
A contestación á pregunta de onte é Rysy. O relevo de Polonia está dominado por unha gran chaira cunha altitude media de 200 metros que ocupa a maior parte do territorio e está salpicada por pequenos outeiros diseminados polo país. Segundo avánzase cara ao sur, o terrreno vaise elevando ata as altas montañas dos Sudetes (ao suroeste) e os Cárpatos occidentais. Rysy é unha montaña sita xustamente na fronteira entre Polonia e Eslovaquia. O Rysy culmina con tres picos: o máis alto mide 2.503 m e está en territorio eslovaco, como o do suroeste (2.473 m). O situado no noroeste, con 2.499 m contén o punto de maior elevación de Polonia.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o maior río de Polonia?
- Drwęca
- Raba
- Vístula
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes:es.wikipedia.org
0 comentarios