CANTO SABES DE ARAGÓN? IV
Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.
A contestación correcta á pregunta de onte é Zaragoza. É a capital da comunidade autónoma de Aragón, sendo o quinto municipio máis poboado de España, por detrás de Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Aragón está formada por Zaragoza, Huesca y Teruel. Pero cal é, aproximadamente, a súa extensión?
- 37.000 km2
- 47.000 km2
- 57.000 km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e turismodearagon.com
0 comentarios