Blogia
vgomez

Descobren un novo e estraño monstro mariño prehistórico 'escondido' nun museo de Canadá

Represntación do Traskasaura sandrae

Más de tres décadas despois do seu descubrimento en 1988 na illa de Vancouver, uns fósiles inusuais de elasmosaurio  (un réptil mariño de pescozo longo que habitou durante o Cretácico superior) foron oficialmente clasificados como unha nova especie: Traskasaura sandrae.

O achado foi publicado na revista Journal of Systematic Palaeontology. Cunha antigüidade estimada en 85 millóns de anos, estes restos destacan por presentar unha combinación única de características primitivas e avanzadas que non se observou en ningún outro elasmosaurio coñecido.

Segundo o estudo, liderado por investigadores de Canadá, Estados Unidos e a Universidade de Chile, esta peculiar morfoloxía suxire que Traskasaura estaba adaptado para cazar desde arriba, descendendo sobre as súas presas con precisión.

O animal medía aproximadamente 12 metros de longo e posuía un pescozo excepcionalmente longo con polo menos 36 vértebras cervicais ben conservadas, aínda que se estima que puido ter máis de 50 en total. Os seus dentes eran pesados, afiados e robustos, o que suxire que se alimentaba de presas de caparazón duro como os ammonites.

Exhibición del Traskasaura no Museo e Centro Paleontolóxico de Courtenay e Distrito

Robin Ou’Keefe, da Universidade Marshall en EE. UU., coautor do estudo, destacou que a estrutura ósea do animal revela unha notable capacidade para nadar en dirección descendente, o que apoiaría a hipótese da súa singular estratexia de caza.

Aínda que os primeiros fósiles foron recuperados en 1988, non foi ata o achado recente dun esqueleto parcial en excelente estado de conservación, incluíndo o dun exemplar xuvenil, que os científicos puideron esclarecer a verdadeira identidade do réptil.

En 2002 fíxose unha primeira descrición dos restos, pero os investigadores entón optaron por non propoñer un novo xénero, dada a natureza fragmentaria do esqueleto adulto.

Desde entón, os fósiles de Traskasaura sandrae cobraron notoriedade, ao momento de ser adoptados como símbolo fósil oficial pola provincia canadense de Columbia Británica. Agora, grazas aos novos descubrimentos, esta misteriosa criatura prehistórica conta coa súa merecida clasificación dentro do rexistro fósil.

FONTE: David Padilla/marca.com

0 comentarios