Blogia
vgomez

ABELLAS SOLDADO

ABELLAS SOLDADO

Unha abella recolectora (esquerda) e unha soldado (dereita) / Universidade de Sussex

 

É ben coñecido que nalgunhas sociedades de insectos, como nos grupos de termitas e formigas, existen algúns membros cuxo físico foi especialmente "deseñado" para exercer unha función "militar" e defensiva. Non obstante, esto nunca se detectara entre as abellas, que forman comunidades altruístas e cooperativas, onde  traballadoras coidan do niño e da proxenie da reina. Ata agora, porque científicos da Universidades de Sussex e Sao Paulo identificaron en Brasil por primeira vez abellas soldado, unhos especímenes máis grandes, coas patas máis longas e a cabeza máis pequena que a dos seus conxéneres, cuxa función é precisamente, protexer ao resto. Non teñen aguillón, pero utilizan a especial forma de seu corpo para "bloquear" o paso de abellas inimigas daninas. O descubrimento que aparece publicado na revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias de EE.UU. (PNAS) é significativo para comprender a evolución das comunidades avanzadas de insectos.

O descubrimento destas abellas soldado foi realizado polos científicos cando estudaban unha abella tropical sen aguillón común en Sao Paulo, a Tetragonisca angustula, onde son coñecidas popularmente como Jataí. Aniñan en cavidades de árbores e de paredes. Cada niño ten unha reina e ata 10.000 obreiras.

Os investigadores descubriron que as abellas soldado Jataí, que poden supoñer un 1% da colonia, son un 30% máis pesadas que as súas compañeiras do niño e a súa forma difire lixeiramente das cazadoras-recolectoras, coas pernas desproporcionadamente grandes e a súa cabeza pequena. 

Como ocurre con outros insectos sociais, as Jataí empregan os seus soldados para protexer a entrada do niño e voan preto da entrada para proporcionar unha alerta rápida en caso de que detecten un perigo.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

0 comentarios