A BUGANVILLA
Planta de buganvilla / Imaxe:mundojardin
A buganvilla é unha planta trepadora moi coñecida pola espectacular floración. En climas cálidos, sen xedas, florece practicamente durante todo o ano, incluso en inverno. Hai que aclarar que o que comunmente chamamos "flores" da buganvilla, non son botanicamente flores, senón brácteas, que rodean á verdadeira flor, que é pequeniña, branca e sen valor ornamental. Esta pranta emprégase para recubrir paredes, pérgolas, vallas, muros e celosías.
Pero a curiosidade deste artigo sobre a bungavilla é que debe o seu nome ao navegante francés Louis Antoine de Bougainville, quen a trouxo a Europa dende Brasil ao completar a súa viaxe de exploración científica ao redor do mundo no século XVIII. A expedición Bougainville contou cun equipo científico formado polo astrónomo Véron e o médico e naturista Philibert Commerson. Para completar a curioisidade, este naturista tiña un mozo que lle axudaba, pero que realmente non era tal mozo, senón unha muller. Chamábase Jeanne Baret (1740-1807) e ao paracer foi quen fixo a maior parte do traballo pois o naturista pasou a maior parte da viaxe enfermo.
Adicarenos outro antigo a esta moza que se fixo pasar por mozo, a que hoxe se lle reivindica como botanica por dereito propio.
0 comentarios