CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? VI
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Nova Guinea (Papúa Nova Guinea). Oficialmente denominado Estado Independente de Papua Nova Guinea, é un país soberano de Oceanía que ocupa a metade oriental da illa de Nova Guinea (a outra metade é parte do estado indonesio de Nova Guinea Occidental) e unha numerosa cantidade de illas situadas ao redor desta. Está situado ao norte de Australia, ao oeste das Illas Salomón e ao suroeste do océano Pacífico, nunha rexión definida desde inicios do século XIX como Melanesia. É o único país de Oceanía que ten fronteira terrestre (Indonesia). Ten unha extensión de 462.840 km2.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Relaciona cada país coa súa capital:
1. Australia a. Suva
2. Nova Zelandia b. Nukualofa
3. Papúa Nova Guinea c. Wellington
4. Fidxi d. Port Moresby
5. Tonga e. Camberra
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: caracteristicasdel.com
0 comentarios