Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo ortodoxo. A relixión maioritaria é o cristianismo ortodoxo búlgaro (62,7%), islam (9,8%), cristianismo protestante (1,1%), outras denominacións cristiás (0,9%), sen relixión (15,9%), non contesta (9,5%) (Censo de 2021)

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Que foron os habitantes orixinais do que hoxe é Bulgaria?

- Gregos

- Romanos

- Tracios

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: novinite.com e senderismoeuropa.com

0 comentarios