CANTO SABES DE COLOMBIA? XII
Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é Magdalena. Tamén chamado río Grande da Magdalena, ten un curso de auga de 1.538 km de lonxitude ao longo do oeste de Colombia, desde o seu nacemento nos Andes, no departamento do Huila, ata a súa foz no mar das Antillas, no océano Atlántico. A súa conca abrangue 263.858 km². O seu principal afluente é o río Cauca, con 1.349 km de lonxitude. Excluímos o Amazonas por pasar por varios países como Perú, Colombia e Brasil.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Cal é o lago máis grande de Colombia?
- Tota
- Calima
- Sochagota
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios