Blogia
vgomez

CANTO SABES DE COLOMBIA? XI

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristobal Colón. Orixinalmente chamado Gonawindua polos Kogui, é parte do sistema montañoso da Serra Nevada de Santa Marta. Ten unh altitude de 5.775 m s. n. m. Hai controversia en canto á súa altitude, xa que o pico Simón Bolívar é considerado xemelgo do pico Cristóbal Colón, pero na maioría de datos mundiais, o pico Cristóbal Colón é nomeado o máis alto por só un metro máis de altura. Aínda así, os dous picos son os máis altos da Serra Nevada de Santa Marta.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o maior río de Colombia, deixando de lado ao Amazonas?

- Atrato

- Magdalena

- Cauca

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios