CANTO SABES DE CHILE? X
Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…
A contestación correcta pregunta de onte é Xeneral Carrera. Este lago de América do Sur, localizado na Patagonia e compartido por Arxentina (Lago Buenos Aires) e Chile (Xeneral Carrera). Ten unha superficie de 1.850 km² e unha profundidade máxima de 840 metros. Da súa área, 52,86 % están na rexión chilena de Aysén do Xeneral Carlos Ibáñez do Campo e 872 km² (47,14 %) están na provincia arxentina de Santa Cruz. Ditas superficies convérteno no maior lago de Chile e no segundo da Arxentina.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é a poboación, aproximada, de Chile?
- Entre 15 e 16 millóns
- Entre 19 e 20 millóns
- entre 21 e 22 millóns
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mappin.cl e emol.com
0 comentarios