Blogia
vgomez

CANTO SABES DE COLOMBIA? XVI

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é Peso. Concretamente Peso colombiano (COP), pois o peso tamén figura noutros países como Peso arxentino, Peso chileno, Peso uruguaio e peso mexicano. A esta fecha o cambio é:
1 COP = 0,000241978 EUR
1 EUR = 4.132,24 COP

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é o animal emblemático de Colombia?

1- Olinguito

2- Oso de anteollos

3- Cóndor

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: banrep.gov.co/es e colombia.co e es.wikipedia.org 

0 comentarios