CANTO SABES DE COLOMBIA? XVII
Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3-Cóndor. Cóndor dos Andes (Vultur gryphus), paxaro de América do Sur da familia Cathartidae e ou único membro do xénero Vultur. Habita nas montañas dos Andes e na costa oeste de América do Sur. Ten unha envergadura de 3,2 m. É un símbolo non só de colombia, senón tamén de Arxentina, Bolivia, Chile, Ecuador e Perú e ten un papel moi importante na cultura popular e na mitoloxía dos pobos andinos. Podemos aprecialo coroando o escudo do país.
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Cal é a flor oficial de Colombia?
1- Flor de maio
2- Begonia
3- Cayena
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e florescaliescali.com
0 comentarios