LETRAS GALEGAS 2024
Hoxe, 17 de maio, coo todos oa anos desde 1963 (adicado a Rosalía de Castro), celebramos o día das nosas letras: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Iste ano adicaselle a Luísa Villalta Gómez. Nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. Para coñecer polo miúdo a súa biografía preme AQUÍ.
Aquí tes un dos seus poemas;
O ceu cobrou unha cor que facia pensar.
Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás
profundidades.
Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor
enfriaba-se no bisturí do horioznte.
Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história
inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no
bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor.
Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos.
Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos
chamou ao fio da noite.
Ruído (Espiral Maior, 1995).
Para coñecer máis polo miúdo a súa obra preme AQUÍ.
Pero tamén adicouse á musica: violinista. A música foi a ocupación principal na mocidade, obxecto dos primeiros artigos e foco de moitas das reflexións ensaísticas posteriores. Será tamén base da articulación da obra literaria e trazo significativo da súa poética. Na común paixón musical xérase un dos vínculos importantes para a escritora. Formou parte da Orquestra de Santiago e posteriormente da Xove Orquestra de Galicia.
Aquí a vemos xunto con Juan Fernán Vello, Paulino e Xosé Luís Pereiro, integrantes de Escaino, durante unha actuación en Cospeito (1980) / Xoan Piñon.
Feliz día a tod@s e poñamos en valor o soso idioma, o galego, todos os días do ano!
FONTE: academia.gal
0 comentarios