CANTO SABES DE KENYA? V
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é 55 millóns. Exactamente 55.100.588 habitantes. Para que te fagas unha idea comparativa España ten 48.692.804 habitantes. A diferenza é clara!
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal é a forma de goberno de Kenya?
- Monarquía
- Repúblia
- Ditarura
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: viajesakenia.com e es.wikipedia.org
0 comentarios