CANTO SABES DE KENYA? XIV
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é Xilin. O xilin kenyano (Ksh KES) é a moeda oficial da República de Kenya, que substituíu en 1966 ao xilin de África Oriental. Nestes momentos o cambio esta 1€ EUR = 140,9Ksh KES.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Cal é a relixión predominante en Kenya?
- Hinduísmo
- Cristiá
- Musulmá
- Prácticas animalistas africanas
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE:es.wikipedia.org Imaxes:es.wikipedia.org e ftmmachinery.com
0 comentarios