CANTO SABES DE KENYA? XV
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurais, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é Cristiá. A relixión maioritaria en Kenya é o cristianismo (85% do total da poboación) cun 48% de protestantes, anglicanos, metodistas e presbiterianos, un 24% de católicos (maioritarios entre os cristiáns) e un 12% de crentes doutros credos cristiáns, seguido dunha importante minoría musulmá (11%), especialmente na costa e no nordés do país. O hinduísmo está especialmente estendido entre as persoas de orixe sudasiático (ao redor de 60.000 crentes) Continúan vixentes e estendidas certas prácticas animistas africanas.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. O mosaico étnico kenyano está formado oficialmente por 44 etnias. Cal pensas que é a maioritaria?
- Kisii
- Luo
- Luhya
- Kamba
- Kalenjin
- Kikuyu
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: exteriores.gob.es e es.wikipedia.org Imaxes: sanchoamigo.wordpress.com e es.wikipedia.org
0 comentarios