Blogia
vgomez

A BOBINA DE TESLA

Nikola Tesla é xa unha icona da cultura popular, un símbolo do científico xenial e excéntrico, do inventor adiantado ao seu tempo e incomprendido. Libros e documentais relatan a apaixonante biografía de Tesla, que tamén aparece como personaxe de ficción en películas e cómics. Refórzase a súa figura mítica, a dun superheroe da ciencia enfrontado ao vilán Edison. Pero, son reais todos os inventos que se lle atribúen? Revisamos algúnha das súas contribucións a avances colectivos: A bobina de Tesla

Con 35 anos, Nikola Tesla rexistrou en 1891 a nai das súas máis de 300 patentes, a que hoxe coñecemos como ‘bobina de Tesla’: un transformador eléctrico composto por varios circuítos resonantes axustados. O propio inventor utilizou diferentes variantes desta bobina como base para multitude de experimentos posteriores, cos que estudou fenómenos como a fosforescencia ou os raios X, e explorou novas posibilidades para a iluminación eléctrica e a transmisión de enerxía sen cables.

Aínda que as bobinas de Tesla chegaron a usarse comercialmente nas primeiras xeracións de radiotelégrafos, hoxe o seu uso limítase ao entretemento. Son dispositivos moi comúns nos museos de ciencia, pois xeran espectaculares faíscas e descargas eléctricas, e mesmo se adaptaron para funcionar como instrumentos musicais. O seu segredo está en que producen corrente alterna de alta voltaxe, alta frecuencia e baixa intensidade: entender unha bobina de Tesla dá unhas claves básicas para saber como funciona a electricidade.

FONTE: Francisco Doménech/bbvaopenmind.com

0 comentarios