Blogia
vgomez

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2024

Os ecosistemas de todo o mundo están en perigo. Desde bosques e terras áridas ata terras agrícolas e lagos, os espazos naturais dos que depende a existencia da humanidade están a chegar a un punto de non retorno.

Por esta razón, o Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase en restaurar as terras, deter a desertificación e fortalecer a resiliencia á seca baixo o lema "As nosas terras. O noso futuro. Somos a #GeneraciónRestauración".

Non podemos retroceder no tempo, pero si podemos facer medrar os bosques, revitalizar as fontes de auga e restaurar os chans. Somos a xeración que pode facer a paz coas terras.

Implícate!

0 comentarios