CANTO SABES DE ANDORRA? XI
Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lago de Juclà. Nas profundidades do val de Incles, a 2.300 metros de altitude escóndese o lago máis grande de Andorra: O lago de Juclà.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é a moeda oficial de Andorra?
- Franco Francés
- Peseta Española
- Euro
- Diner
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: josecanovas.com e toprutas.com
0 comentarios