CANTO SABES DE HUNGRÍA? VI
Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.
A contestación correcta á pregunta de onte é Democracia Liberal Parlamentaria. A constitución húngara en vigor ata 2011 foi adoptada en 1949, e foi modificada en diversas ocasións, a última o 23 de outubro de 1989, cando se proclamou a República en lugar da República Popular existente ata entón. O 18 de abril de 2011 o Parlamento aprobou unha nova constitución. Na actualidade, Hungría defínese como unha democracia liberal parlamentaria, na que a autoridade reside no pobo e a práctica do goberno realízase dentro do marco dun estado de dereito. Máis recentemente, en 2019, a evolución durante o goberno de Viktor Orbán fixo merecedor ao sistema político húngaro da súa cualificación como exemplo de «autocracia competitiva» por parte de Lucan Ahmad Way e Steven Levitsky, desenvolvedores do concepto de réxime autoritario competitivo. O órgano supremo do poder é o parlamento, (Országgyűlés). De acordo con a constitución, cada catro anos teñen lugar eleccións ao parlamento para elixir os 199 deputados segundo un sistema mixto; 106 escanos son elixidos en distritos electorais individuais e 93 segundo os votos conseguidos polas listas elaboradas polos partidos. O presidente da República é elixido cada cinco anos polo parlamento. O seu papel é máis ben representativo. Desde o 5 de marzo de 2024 o presidente é Tamás Sulyok. O primeiro ministro é Viktor Orbán desde o 29 de maio de 2010.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é a capital de Hungría?
- Szegred
- Pécs
- Debrecen
- Budapest
Maña a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios