CHEGA A PRIMAVERA
Flor da xesta / Imaxe: celtiberia.net
Mañá, 20 de marzo, ás 10:29 UTC (11:29 hora peninsular) comeza a primavera.
Durará 92 días e 18 horas, ata o día 21 de xuño, que comezará o verán.
O inicio da primavera está ligada ao equinoccio de primavera, é dicir, cando empeza esta estación é porque a Terra atópase no centro da órbita do Sol e este cruza o ecuador celeste cara ao norte. En resumo, a Terra toma posición tal que, ten a mesma distancia con respecto ao Sol en ambos os hemisferios. Aínda que a Terra estea inclinada os raios do sol teñen a mesma distancia con respecto á Terra, sexa no hemisferio norte ou no sur. É por iso que a duración do día é a mesma que a da noite.
0 comentarios