CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? V
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Alxelia. Con 2.381.741 km2 é o país máis grande de África. Está situado ao norte do continente. Xunto con Marrocos, Tunes, Mauritania e Libia, é un dos países que comprenden o Magreb. A súa capital é Alxel.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal é o país máis poboado de África?
- Nixeria
- Etiopía
- Exipto
- R.D. Congo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e es.educaplay.com Imaxe: es.wiktionary.org
0 comentarios