Blogia
vgomez

CALOR BAIXO A SUPERFICIE XEADA DE ENCELADO

Encélado é a sexta lúa máis grande de Saturno. NASA/JPL/Space Science Institute

 

O mecanismo que permitía manter líquido o gran océano que se atopa baixo a superficie xeada de Encélado era un misterio. Ata agora. Un novo estudo, publicado na revista Nature Astronomy, baseado en observacións con Microondas e nos datos recolleitos durante un voo de recoñecemento realizado en 2011, demostra que a lúa é máis cálida do que se esperaba só uns metros por baixo da súa superficie xeada e que o mar podería atoparse máis preto do que se pensaba previamente.

A sonda Cassini, que leva desde 2004 estudando a Saturno e ás súas lúas, descubriu que Encélado, a sexta lúa máis grande dese planeta, alberga un gran océano de auga líquida baixo a súa codia xeada. Este achado reforzaba a idea de que, nuns anos, poderíase chegar a atopar vida fose do Sistema Solar.

O novo descubrimento coincide cos resultados dun estudo de 2016 realizado por un equipo independente da misión Cassini que estimou o grosor da codia xeada: uns 18 ou 22 quilómetros en todo o satélite a excepción do polo sur, que tería menos de cinco quilómetros de grosor. "A importancia do descubrimento radica en que, no futuro, poderiamos detectar o océano subterráneo cun radar de penetración", conta a autora principal deste novo estudo.

Ao longo da pasada década, a misión Cassini revelou actividade intensa na rexión sur do satélite, con fracturas que expulsaban columnas de vapor de auga e partículas de xeo. A composición salgada destas columnas foi o que suxeriu a existencia dun mar subterráneo de auga líquida, similar ao que se cre que existe baixo a superficie de Europa, a lúa de Xúpiter.

O estudo indica que aínda que o océano non estea tan profundo como se pensaba, dúbida de que iso aumente a probabilidade de atopar vida aínda que considera que "si incrementa a posibilidade de que a haxa porque ao estar máis preto da superficie, pode interactuar máis con ela".. Ademais, se a houbese, posiblemente sería igual que a vida que coñecemos (baseada en auga, enerxía, minerais...) pero nunha forma máis primitiva".

Os investigadores cren que a fonte de calor está relacionada cun ciclo de mareas gravitatorias da lúa. A codia xeada, que é máis fina na zona sur, estaría suxeita a unha maior deformación por mareas que libera maior cantidade de calor e contribúe a manter a auga subterránea en estado líquido.

O exceso de calor é especialmente pronunciado nunhas fracturas que asemellan ás raias dun tigre, como se aprecia na imaxe, aínda que non parecen estar activas neste momento. As fracturas suxiren que a lúa experimentou varios episodios de actividade, en diferentes lugares da súa superficie.

As observacións de Cassini cobren unha estreita rexión do polo sur, uns 500 quilómetros de longo por 25 quilómetros de ancho e está situada a entre 30 e 50 quilómetros ao norte das chamadas raias de tigre. Por limitacións operacionales, non se puido realizar un voo de recoñecemento sobre as franxas en si. Con todo, isto permitiu aos científicos observar que o terreo anómalo térmicamente esténdese máis aló desas fracturas.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios