NOVA ESPECIE DE DINOSAURO ANANO: TRANSYLVANOSAURUS PLATYCEPHALUS
Ilustración do novo dinosauro Transylvanosaurus platycephalus / Peter Nickolaus.
Á tenebrosa lenda do conde Drácula, un sádico personaxe histórico coñecido como Vlad O Empalador que inspirou a Bram Stoker para crear o vampiro máis famoso de todos os tempos, xurdiulle un musculoso rival como atractivo. Un equipo internacional de paleontólogos descubriu unha nova especie de dinosauro anano no actual territorio do Xeoparque Internacional de Țara Hațegului (O país de Hațeg), situado ao suroeste da rexión romanesa de Transilvania. Este dinosauro herbívoro foi bautizado como Transylvanosaurus platycephalus, que significa “réptil de Transilvania de cabeza plana”, e habitaría no período Cretácico hai máis de 70 millóns de anos, segundo informou a finais da pasada semana a Universidade de Bucarest. Con este achado, a conca de Hațeg, converteuse nos últimos anos nun importante epicentro de descubrimentos de vertebrados do Cretácico superior en Europa, onde se chegaron a identificar ata dez especies de dinosauros.
Os ósos achados, partes do cranio de Transylvanosaurus, brindan unha nova visión da evolución da fauna europea pouco antes da extinción dos dinosauros, hai 66 millóns de anos. Previamente descoñecida, esta especie de dinosauro presentaba uns dous metros de longo, camiñaba sobre dúas patas e pertencía á familia Rhabdodontidae. O seu corpo era pequeno, como no caso doutros vertebrados descubertos nesta zona, xa coñecidos como “dinosauros ananos”. “Os recursos alimentarios limitados que estaban dispoñibles nestas partes de Europa nese momento levaron a unha redución no tamaño corporal destes animais”, explica o paleontólogo Felix Augustin, da Universidade alemá de Tübingen, encargado da investigación. O descubrimento foi publicado recentemente na revista Journal of Vertebrate Paleontology.
Ao longo da maior parte do Cretácico, que se estendeu entre hai 145 e 66 millóns de anos, Europa foi un arquipélago tropical. Transylvanosaurus viviu nunha das moitas illas do arquipélago (una delas era a de Hațeg, situada no desaparecido Mar de Tetis), xunto con outros dinosauros ananos, crocodilos, tartarugas e pterosaurios. “Con cada especie recentemente descuberta, desmentimos a hipótese amplamente sostida de que a fauna do Cretácico tardío tería unha baixa diversidade no territorio europeo actual”, sinala Augustin. Durante o Cretácico superior, Rhabdodontidae figurou entre o grupo mellor representado de herbívoros europeos de tamaño pequeno e mediano. Especies relacionadas atopadas anteriormente en Hațeg, como Zalmoxes, tiñan cranios moito menos aplanados que Transylvanosaurus.
A identificación taxonómica realizouse a partir duns fósiles de non máis de 12 centímetros (a parte posterior do cranio, co buraco occipital, e os dous ósos frontai). “No interior do óso frontal incluso puidemos distinguir o contorno do cerebro de Transylvanosaurus”, revela o paleontólogo Dylan Bastiaans da Universidade de Zúric. Zoltán Csiki-Sava, profesor da Facultade de Xeoloxía da Universidade de Bucarest e o seu equipo descubriron os ósos do cranio de Transylvanosaurus platycephalus en 2007 no leito dun río de Țara Hațegului. “Esta diversidade é algo inusual. Na maioría dos casos, os descubrimentos en Hațeg consisten en só uns poucos ósos, pero mesmo estes ás veces poden proporcionar información sorprendente, como é o caso con Transylvanosaurus agora”, afirma Csiki-Sava.Enanismo insular
Con todo, este descubrimento sorprendeu aos investigadores, posto que os parentes máis próximos do novo dinosauro habitaban no que hoxe en día é Francia, o que expón a pregunta: como chegou o Transylvanosaurus a poboar a “Illa dos Dinosauros Ananos” que entón cubría o territorio de Transilvania? Segundo explicaron os seus descubridores, habería varias opcións.
Os fósiles máis antigos atribuídos ao grupo Rhabdodontidae proveñen da Europa oriental. A partir de aí, estes animais poderían expandirse cara ao oeste e, máis tarde, certas especies volverían ao territorio actual de Țara Hațegului. Segundo conxecturan os expertos, as fluctuaciones no nivel do mar e os procesos tectónicos conlevaron a creación de pontes terrestres temporais entre as distintas illas, o que permitiu que os dinosauros se desprazaron e estenderon a outros lugares. Mesmo, suponse que case todos os dinosauros, entre eles o Transylvanosaurus, podían nadar ata certo punto. “Tiñan patas e colas fortes. A maioría das especies, especialmente os réptiles, poden nadar desde o momento en que nacen”, precisa Augustin. Un escenario alternativo considera que certos grupos de Rhabdodontidae desenvolvéronse en paralelo na Europa oriental e occidental. En cambio, os científicos seguen sen poder determinar exactamente como chegou esta especie a Transilvania. “Actualmente, temos moi poucos datos dispoñibles para responder a esta pregunta”, indica Augustin.
Os fósiles de Transylvanosaurus sobrevivirían durante decenas de millóns de anos, debido a que se achaban protexidos polos sedimentos do antigo leito dun río, ata que as augas doutro fluvial moderno leváronos de regreso ao exterior. “Se o esqueleto do dinosauro simplemente estivese exposto á superficie, en lugar de estar parcialmente enterrado polos sedimentos do río, as condicións climáticas e os carroñeiros destruirían todos os seus restos a un ritmo rápido, e nunca soubésemos da existencia desta especie”, asegura Agustín.
FONTE: Raúl Sánchez Costa/elpais.com/ciencia
0 comentarios