Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? XI

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-b e 2-a. Graficamente sería:

O wómbat é un mamíferos marsupial da orde dos diprotodontes e suborde dos vombatiformes. No presente sobreviven tres especies destes animais que viven nos bosques das montañas de Australia (incluída Tasmania), onde escavan grandes tobos. Teñen a aparencia dun pequeno oso musculado coas patas moi curtas. O emú é unha ave estrutioniforme da familia Dromaiidae. Son aves grandes, non voadoras (ratites). O seu hábitat natural atópase no continente de Oceanía; na actualidade só sobrevive unha especie,  que é a segunda ave de maior tamaño do mundo, após a avestruz.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Dos animais da imaxe superior, cal é o animal símbolo de Nova Zelandia?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios