FESTA DO PULPO DE CARBALLIÑO 2024
Cada festa ten os seus prolegónomos. Se a festa do Monte e a súa subida ten antes o desfile das bandas, a festa do Pulpo ten a taoa de polbo maís grande do mundo.
A Praza Maior do Carballiño foi escenario un ano máis, e xa van 14, do récord mundial de elaboración da tapa de polbo máis grande.
Nesta ocasión, os pulpeiros da vila do Arenteiro propuxéronse preparar un total 590 quilos nun prato de madeira de enormes dimensións, 5,37 metros de diámetro, situada fronte ao consistorio.Unha trintena de pulperos da zona comezaron a súa gran fazaña. E de pano de fondo, gaitas e pandeiretas soando para animar aos ‘artistas’ do polbo.
Ao final partíronse 10 quilos máis que o ano pasado grazas ao labor incansable dunha trintena de expertos picadores, requisito indispensable para bater o seu récord ano tras ano. Na súa preparación empregáronse un total de 50 litros de aceite de oliva, sete quilos de sal e tres de pemento doce e picante. E nun tempo recor, 10 minutos!
O Carballiño ostenta esta marca a nivel mundial desde 2010, e foi subindo o listón de forma ininterrompida.
E o domingo, día 11, coincidindo coa subida ao Monte na Guarda, celebrase a Festa do Pulpo, na 62 edición, no Parque de Carballiño. Este ano adicado ao viño do Ribeiro, por iso a presenza dun acio de uvas no cartel da Festa.
Se queres consultar todos os eventos desta festa preme AQUÍ.
Estades invitados!
FONTE: laregion.es
0 comentarios