O MISTERIO DE PONTECORVO
Pokémon, Rick e Morty ou o teu cuñado terraplanista poden ser personaxes perfectos para aprender de ciencia. Ou polo menos así o ve o físico José Luis Crespo, que desde hai unha década explica, con linguaxe sinxela e moita gancho, conceptos científicos complexos en QuantumFracture. A súa canle de youtube, inspirado polos creadores de contido norteamericanos, foi a primeira canle de divulgación científica de España en superar o millón de subscritores.
Crespo estudou Física na Universidade Autónoma de Madrid e atopou o seu camiño na comunicación científica. Hoxe é un dos youtubers de ciencia máis seguidos de fala hispana e os seus fieis xa se contan por millóns nas diferentes redes sociais. A través de contidos educativos innovadores e accesibles, rigor científico mediante, Crespo aborda temas que van desde a física cuántica ata a cosmoloxía. Un traballo que foi recoñecido con diversos galardóns como o Premio da internet en Divulgación Científica 2018.
Amante e defensor da divulgación científica en redes, Crespo recoñece o labor dos mestres: “Os verdadeiros heroes son os profes, que están en clase con 30 rapaces tentando ensinarlles algo”. E anima a usar en clase os recursos das redes para promover máis científicos e menos pseudociencias.
0 comentarios