Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXIII

 

VERTICAIS: 1. Asento individual con respaldo, provisto ou non de brazos 3. Capital, cidade principal e maior porto do Líbano 4. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia, con símbolo Sb  5.  Peixe da familia dos zeidos, de corpo comprimido, dorso elevado, cunha mancha negra rodeada de amarelo nos flancos, boca grande, aleta dorsal con filamentos longos, de cor dourada ou gris e denome científico Zeus faber 6. Concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca da Baixa Limia, ondese atopa a igrexa de Santa María a Real, un templo relixioso de estilo barroco churrigueresco, construción estimada rematada ao redor ano 1739.

HORIZONTAIS: 2. Moeda oficial de Mauritania 6. Rocha, xeralmente en forma de cono irregular e invertido, que se forma no teito das grutas ao se filtraren lentamente augas calcarias 7. Facer que un corpo tome cores, brillos ou reflexos semellantes aos do arco iris  8. Apelido do pintor valenciano, morto en 1923, etiquetado como impresionista, postimpresionista e luminista, autor, entre outras, de Paseo pola praia (1909) 9. Planta herbácea recendente da familia das labiadas, de talos moi ramificados, follas ovadas e flores azuis ou moradas, que medra en lugares húmidos e de nome científico Mentha pulegium.

0 comentarios