CANTO SABES DE IRLANDA? XI
Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…
A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo. A relixión máis grande en Irlanda é o cristianismo baseado no número de bautismos. Segundo a Constitución de Irlanda, o estado non pode apoiar ningunha relixión específica, xa que garante a liberdade de relixión. Inicialmente, a Constitución de Irlanda de 1937 outorgou á Igrexa católica Romana unha "posición especial" xa que era a denominación coa maioría dos seguidores. Con todo, en 1972 esta posición especial foi eliminada. A saber:
Rango | Relixión | Población (Porcentaxe) |
1 | Igrexa Católica | 78.8 |
2 | Irrelixioso | 10.1 |
3 | Non Especificado | 4.8 |
4 | Igrexa de Irlanda | 2.6 |
5 | cristianismo ortodoxo | 1.3 |
6 | Islam | 1.3 |
7 | Presbiteriano | 0.5 |
8 | Apostólico ou Pentacostal | 0.3 |
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é o Santo Patrón da república de Irlanda?
- San Cettin
- San Patricio
- San Benigno
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e es.ripleybelieves.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios