Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CHILE? V

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é Pascua. A Illa de Pascua ou Rapa Nui é unha illa volcánica situada na Polinesia, ao sur do océano Pacífico e a 3.700 quilómetros de distancia da costa de Chile. Famosa polas súas enormes estatuas de pedra coñecidas como moais. Ten una superficie de 164 km2 e una poboación preto dos 8.000 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. A organización territorial de Chile, está formada por rexións, provincias e comunas. Pero que número de rexións ten?

- 10

- 16

- 25

- 56

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios