CANTO SABES DE CHILE? XIII
Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…
A contestación correcta pregunta de onte é Gabriel Boric Font. Nado en Punta Arenas o 11 de febreiro de 1986, exerce como Presidente da República de Chile dende o 11 de marzo de 2022. O presidente da República, que é o xefe de Estado e o xefe de goberno, segundo a Constitución, permanece no exercicio das súas funcións por un termo de 4 anos e non pode ser reelixido para o período seguinte, sendo quen designa aos ministros de Estado, quen é os seus colaboradores directos e inmediatos no goberno e administración do Estado e funcionarios da súa exclusiva confianza.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
13. Nesta lista de figuras importantes de Chile hai un gazapo. Localízao!
- Pablo Neruda
- Víctor Jara
- Alexis Sánchez
- Nelson Piquet
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios