Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXV

VERTICAIS: 1. Capital e principal cidade de Angola 2. Mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén 3. Partido polo que se presentou Donald John Trump ás pasadas eleccións de EEUU do pasado día 5 e que resultou gañador 5. Elemento químico de número atómico 79, situado no grupo 11 da táboa periódica e de símbolo Au 7. Río que nace na Serra de Albarracín (Teruel) e que despois de percorrer 280 km desemboca no Mediterráneo, despois de atravesar cidade de Valencia.

HORIZONTAIS: 4. Partido polo que se presentou Kamala Devi Harris ás pasadas eleccións de EEUU do pasado día 5 que resultou perdedora nesa contenda 6. Sigla da depresión illada en niveis altos, tamén chamada gota fría  8. Resina fósil de cor amarela e translúcida que se emprega na fabricación de xoias e outros obxectos 9. Concello da provincia da Coruña, situado na comarca do mesmo nome, famoso polos seus queixos  10. Lago navegable máis alto do mundo, a unha altitude madia de 3.812 m.s.n.m..

0 comentarios