GALICIA NO MUNDO I: GALICIA NO MAPA
Comezo hoxe a serie GALICIA NO MUNDO, unha serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas. Consta dos seguintes capítulos:
1. Galicia no mapa
2. A paisaxe galega
3. A lingua galega
4. A música galega
Pois imos aló co capítulo 1: Galicia no Mapa, onde se abordan cuestións como a condición de nacionalidade histórica,a bandeira, o himno, a distribución do territorio...
FONTE: youtube.com/@politicalinguistica
Continuará...
0 comentarios