GALICIA NO MUNDO III: A LINGUA GALEGA
Continúo coa serie GALICIA NO MUNDO, unha serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas.
Se onte abordamos o capítulo adicado á paisaxe, hoxe tócale o capítulo 3. A lingua galega, que se ocupa da orixe, número de falantes, variantes dialectais…
FONTE: youtube.com/@politicalinguistica
Continuará...
0 comentarios