Blogia
vgomez

POSIBLEMENTE A MELLOR ESCENA DE NATUREZA DA HISTORIA

 

Hai ocasións nas que saltas da cadeira. A televisión, ás veces, ten ese poder. A BBC conseguiu poñer de pé a millóns de espectadores cunha secuencia colosal. Posiblemente a mellor escena de natureza da historia.

Nela vese unha trepidante carreira pola vida: unhas iguanas recentemente nadas foxen dun escuadrón da morte. Moitos berraron desesperadamente “corre, iguana, corre” e logo tiveron pesadelos coas serpes.

As imaxes corresponde  ao estreo de Planet Earth II. A España chegará o próximo día 23, iso si, en cadea de pago.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios