Blogia
vgomez

NON TE DEITARÁS SEN COÑECER UNHA COUSA MÁIS (XXI)

NON TE DEITARÁS SEN COÑECER UNHA COUSA MÁIS (XXI)

 

Teno só una de cada 160 millóns de persoas, ou sexa, 43 en todo o mundo. Coñecido como Rh nulo, describiuse en 1961 nunha aborixe australiana e débese a unha alteración xenética que fai que os antígenos, que se utilizan para clasificar os  grupos sanguíneos, non se expresen (o sangue ten 61).

Os individuos con esta característica comparten cos do grupo 0- unha singularidade: ambos son doantes universais, pero só poden recibir unha transfusión da súa mesmo grupo. Na localidade británica de Filton, o Laboratorio Internacional de Referencia de Grupos Sanguíneos (IBGRL) dispón dunha base de datos cos deste reducido club para garantir que ningún dos seus integrantes que necesite unha doazón quede sen ela. A iniciativa conta cun grave inconveniente: os posuidores de Rh nulo residen en países tan distantes entre si como Xapón, Brasil, Irlanda ou Estados Unidos, o que dificulta o traslado dunha bolsa se se precisa con urxencia. No caso de que alguén con Rh nulo teña que someterse a unha cirurxía programada, previamente extráeselle sangue que se almacena (dura 45 días) por se fose necesaria.

En canto aos grupos máis normais, A, B, AB e 0, coas súas variantes positiva e negativa, os máis frecuentes no mundo son o A+, o 0+ e o B+, pero a distribución varía moito por países. Por exemplo, en España, un 36 % da poboación é 0+, un 34 % A+ e un 8% B+. Estas proporcións son similares noutros países europeos. En cambio, o B+ é moi abundante en países como Arabia Saudita (33 %), India (31 %), Xapón (20 %) ou Taiwan (24 %). O 0-, doante universal, ten un presenza importante en Europa, onde oscila entre o 6 % de Francia ou Alemaña, o 7 % de Italia e o 9 % de España. En cambio, en Asia dáse moi raramente (India, 2% ou Xapón, 0,15 %).

FONTE: Luis Otero /Revista Muy Interesante

0 comentarios