Blogia
vgomez

ECLIPSE SOLAR EN MARTE

 

O rover Perseverance da NASA, a través do seu sistema de cámaras Mastcam-Z, acaba de capturar un vídeo de Fobos, unha das dúas lúas de Marte, eclipsando o Sol. Segundo a axencia estadounidense é o vídeo máis ampliado dunha eclipse solar de Fobos ata o momento, e coa velocidade de fotogramas máis alta da historia.

O vídeo capturouse o 2 de abril e durou pouco menos de 40 segundos, moito menos do que adoita durar un eclipse solar que involucre á Lúa da Terra. Estas observacións poden axudar os científicos a comprender mellor a órbita do satélite e como a súa gravidade atrae a superficie marciana, o que dá forma á cortiza e o manto do planeta vermello.

As imaxes son as últimas dunha longa historia de naves espaciais da NASA que capturan eclipses solares en Marte. En 2004, os rovers xemelgos da NASA, Spirit e Opportunity, tomaron as primeiras fotografías de Fobos con lapso de tempo durante unha eclipse solar. Curiosity continuou a tendencia con vídeos tomados polo seu sistema de cámara Mastcam.

FONTE: gciencia.com

0 comentarios