CINCO ANIMAIS CON BIOLUMINISCENCIA III
Medusa bioluminiscente (Aequorea sp.) / Vichigh Marine
Os peixes non son os únicos habitantes do mar capaces de emitir luz. Certas especies de medusa teñen unha bioluminiscencia moi particular; emiten fogonazos de luz intermitentes que proceden dunhas células especializadas localizadas no endodermo, o tecido interno da medusa. Grazas a que o seu corpo é practicamente transparente, actúa como difusor, e esa luz é visible desde o exterior, destacando os puntos brillantes, e debuxando na escuridade o corpo enteiro da medusa.
De forma máis específica, as fontes de iluminación a miúdo atópanse na base dos tentáculos e ao longo do bordo interior da umbela. Asúmese que a función de bioluminiscencia en medusas ten unha función de defensa e disuasión de posibles depredadores.
Unha particularidade sorprendente das medusas é a capacidade de emitir luz sen a necesidade de osíxeno. Ao tratarse a reacción da luciferina dunha oxidación, este feito supón unha proeza evolutiva fascinante. A reacción da luciferina das medusas, que recibe o nome de coelenteracina, está mediada por ións de calcio. Os animais, en presenza de osíxeno, acumulan unha versión peroxidada e estable do reactivo (peroxicoelenteracina), e só necesitan entón o calcio para emitir a luz, aínda sen que haxa osíxeno no medio.
Continuará...
FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es/naturaleza
0 comentarios