AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA IV
Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...
Hoxé imos a...
4. As Areas Brancas (Novo México)
As Areas Brancas ou White Sands, na conca de Tularosa (Novo México), é a extensión de dunas de xeso máis grande do mundo. A orixe deste deserto de area branca, composta por xeso e sulfato de calcio, remóntase a cen millóns de anos atrás, cando o deserto estaba cuberto por un mar pouco profundo. As súas augas retrocederon gradualmente creando lagoas de auga salgada que acabaron evaporándose pola acción do Sol, deixando depósitos de sal e xeso onde anteriormente atopábase o mar.
Co obxectivo de preservar esta marabilla natural, creouse o White Sands National Monument, que conserva unha parte importante do deserto.
FONTE: Paloma Santanaría/abc.es
0 comentarios