ÁRBORES E TEAS DE ARAÑA
Sindh (Pakistán)/Imaxe:El Mundo
Esta imaxe espectacular mostra unha paisaxe curiosa das inundacións que o pasado mes de xaneiro afectaron gravemente a Paquistán convertindo as árbores do país na nova casa das arañas. Estas subíronse ás árbores para salvarse da auga e agora quedaron atrapados nas súa teas de araña, provocando unha paisaxe curiosa, espectacular e desagradable.
Os habitantes desta zona de Paquistán nunca viran antes un fenómeno similar, pero que ten algo positivo: reducir o número de mosquitos típicos da zona, xa que quedaron atrapados nas teas de araña, diminuíndo, consecuentemente, os casos de malaria, o que é unha bendición para este pobo de Sindh.
FONTE: El Mundo.
0 comentarios