LENDA: O CESTO E O DIAÑO
O cesto e o diaño / Imaxes: realfabrica.com e raicesdeperaleda.com
En certo lugar os veciños quixeron facer unha escaleira de cestos que chegase ata o ceo, malia cando pensaban que xa acadaran o que se proponían, esculcaron que lles faltaba un cesto, porén como xa non quedaba ningún laíabanse en gran maneira. Entóno diaño, que sempre está ao axexo para non perder ocasión de aproveitarse dos humanos, presentouse e díxolles:
– Eu podo arranxar o problema traendo o cesto que falta.
Non obstante díxolle un dos veciños:
– Porén ti endexamais fas nada sen pedir algo a cambio.
– Pois non che falta razón e pido a alma de cada un de vós.
Ante a resposta os veciños quedaron moi contentos polo que dixo un deles:
– Este diaño senón é parvo pouco lle falta xa que unha vez que estemos aporta do ceo imos entrar decontado.
E así sucedeu, malia ao atoparse co porteiro do ceo díxolles:
– Non podedes entrar xa que só o poden facer os que teñen alma, poisa a vosa vendéstela ao diaño, así que ide para xunto de quen vola mercou.
E que nunca foi doado enganar ao diaño!
FONTE: Xosé Lois Ripalda/syngenta.es/almanaque-agricola-2022
0 comentarios