Blogia
vgomez

HOXE: SUPERLÚA DO ESTURIÓN!

Plenilunio / NASA

Agosto bríndanos a oportunidade de presenciar un dos fenómenos astronómicos máis bonitos do ano: a Superlúa do Esturión. Este evento, que terá lugar hoxe, luns 19 de agosto, promete iluminar o ceo nocturno cunha Lúa máis grande e brillante do habitual, fascinante tanto como para os observadores casuais como para os astrónomos afeccionados.

Unha superlúa ocorre cando a Lúa chea coincide coa súa perigeo, é dicir, co punto máis próximo á Terra na súa órbita elíptica. A órbita da Lúa ao redor da Terra non é un círculo perfecto, senón unha elipse, o que significa que a distancia entre a Lúa e a Terra varía ao longo do mes. Cando a Lúa está no perigeo, pode estar a menos de 360.000 quilómetros da Terra, ata 50.000 quilómetros máis preto do noso planeta que durante o seu apoxeo (o punto máis afastado). Esta proximidade fai que o satélite pareza ata un 14% máis grande e un 30% máis brillante no ceo, aínda que a primeira ollada estas diferenzas poden ser sutís.

A Superlúaa do Esturión, tamén chamada Lúa Azul, verémola a partirdas 21 horas de hoxe. A partir deste intre, poderá disfrutar da Superlúa desde calquera parte do mundo, sempre que as circunstancias meteorolóxicas así o permitan.

0 comentarios