Blogia
vgomez

SATÉLITES EXPLORADORES

 

Houbo un tempo no que os xeógrafos tiñan máis de aventureiros que de científicos. Durante o século XIX, explorar un territorio era sinónimo de xogarse o tipo en rexións descoñecidas, pasar frío ou calor, tentar sobrevivir a enfermidades terribles como o paludimo ou o cólera, e tratar de negociar a vida ou morte con outros seres humanos aos que, loxicamente, non lles gustaba nada que un grupo de europeos metésense nas súas terras con intencións descoñecidas. Os ingleses foron especialmente proclives a este tipo de correrías. As lendarias expedicións de Richard Burton e John Hanning Speke ao África para buscar as fontes do Nilo, ou a dramática morte de Robert Falcon Scott no Polo sur tras peder a súa carreira por alcanzar a Antártida con Roald Amundsen, serviron como material de ficción e han inflamado a emoción de todo aquel que, nalgún momento da súa vida, soñou con ser un explorador.

Hoxe, en cambio, para explorar calquera territorio, o único que hai que facer é elevar o punto de vista o suficiente. As caravanas e as canoas foron substituídas, primeiro, polos avións e agora polas imaxes que proporcionan os satélites. O resultado é menos heróico pero moito máis certeiro, tanto que o seu nivel de exactitude sobre o que se pode observar desde o espazo, asusta. Pavel Machalek, cofundador de SpaceKnow, compañía fundada en 2013 dedicada á análise deste tipo de imaxes, ilustra o nivel de detalle que se pode alcanzar cun exemplo: "Se tu queres, por exemplo, saber todas e cada unha das prazas de aparcadoiro que se construíron en España no último ano, non existe unha ferramenta que poida responder a esa pregunta". Pero, aclara, "se tes fotografías tomadas por satélite en alta resolución desa parte do mundo, podes analizar esta información". Resultará tan sinxelo como deseñar unha aplicación que poida extraer os datos. E quen di aparcadoiros di cidades, tendas de campaña en campos de refuxiados, fábricas, coches, containers, cultivos ou calquera outro obxecto cunha precisión extrema.

Como ocorreu sempre, a información significa diñeiro. Moito diñeiro. Tanto como para chamar a atención de The Economist, quen dedicou un artigo a esta actividade no que a cualificaba como "un gran negocio" e incidía na importancia que ten para a economía global. Ata hai pouco anos, poñer en órbita un satélite só estaba ao alcance dalgúns gobernos, pero na actualidade a frota creceu moitísimo: as cifras exactas son difíciles de calcular, pero a Space Surveillance Network cifra en máis de 8.000 os obxectos que orbitan sobre o noso planeta, aínda que moitos deles xa non están activos. A maioría destes satélites son privados e de uso comercial; entre eles están os que fotografan a superficie terrestre, que son cos que SpaceKnow realiza as súas análises. En poucas horas pódense ter subidas á nube e a disposición do cliente imaxes en alta resolución de extensas áreas do mundo. "A nosa visión para o próximos dez anos, conclúe Machalek, é ser capaces de entender  o que fan os seres humanos cotidianamente nos 220 países do mundo. As imaxes a través de satélite teñen o potencial de cambiar a nosa sociedade tanto como o fixo Internet".

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios