Blogia
vgomez

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO III

Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...

3. Saint Kitts e Nevis

 

País do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher (San Cristobal), e Nevis (Neves), descubertas por Cristóbal Colón na súa segunda viaxe a América.

Superficie: 261 km2                 Poboación: 52.441 (2018)

Capital e cidade máis poboada: Basseterre    

Idioma oficial: Inglés

Forma de goberno: República cosntitucional federal parlamentaria

Moeda: EC$ (Dólar do caribe Oriental))

As dúas illas combinan praias con fermosas montañas e unha rica historia que hoxe tratan de descubrir os seus escasos turistas. Ao conducir polo extremo norte de San Cris­ tóbal, a máis grande das dúas, atravésanse quilómetros e quilómetros de cana de azucre silvestre, que no seu momento foi o principal cultivo e sustento da nación pero cuxas enormes plantacións foron abandonadas. Mentres tanto, nas praias da illa xorde unha economía nova baseada no turismo; incluso o tren que antes servía para  trans­portar cana agora transporta a turistas. E aínda que o cambio de modelo está a ser vertixinoso, esta illa do Caribe oriental conserva as súas calidades intactas: unha actitude vital despreocupada propensa ás celebracións ruidosas e un desprezo total pola tensión. Neves, máis pequena e situada ao sur, vén ser o mesmo pero aquí a volta á illa en coche apenas dura dúas horas, aínda que constitúe todo un pracer. Son illas parecidas nas súas paisaxes, aínda que talvez Neves resulte máis atractiva no seu conxunto: unha montaña volcánica e, aos seus pés, un puñado de fermosas praias e unha capital minúscula, Charlestown.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

0 comentarios