Blogia
vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS V

Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

8. Noitébrega

Caprimulgus europaeus é dun diminuto paxaro, presente en diferentes partes do mundo, incluíndo España, onde habita nalgunhas zonas de Galicia. Tras esta especie hai unha gran variedade de lendas populares e todas a definen como un ave misteriosa, pois a súa actividade é sobre todo nocturna e atópalas preto do gando.  A súa plumaxe tamén lles permite camuflarse entre ramas e follas secas.

9. Peixe leopardo

 

O peixe leopardo (Bothus pantherinus) atópase entre augas pouco profundas, arenosas e con lodo, próximas a arrecifes. Este linguado é xeralmente de tons marróns cun moteado de manchas escuras e brancas que se asemellan á superficie pola que transita este peixe.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com, foroambiental.net e fishbase.mnhn.fr

0 comentarios