Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXIX

VERTICAIS: 1. Concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa, onde se celebra o Festival da Luz, creado por Luz Casal 5. Falta de forzas, de vigor 7. Conxunto de filamentos da espiga de millo 9. Palabra cunha orixe e uso principalmente islámico nos países árabes, que traducida sería Se Deus quere.

HORIZONTAIS: 2.  Árbore da familia das mimosáceas orixinaria de Australia, de casca lisa e agrisada, follas moi divididas e flores amarelas, recendentes, en forma de boliñas que se agrupan en acios e de nome científico Acacia dealbata 3. Capital de Armenia 4. Nome da ría que forma a desembocadura do sistema dos ríos Nervión e Ibaizabal, así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao mar Cantábrico, no golfo de Biscaia 6. Elemento químico metálico de cor branca azulada e brillo intenso, maleable e pouco resistente que en contacto coa humidade atmosférica se cobre facilmente dunha capa de óxido e que ten de símbolo Zn 8. Siglas para depresión illada en niveis altos, tamén coñecida como gota fría 10. Peixe de río da familia dos ciprínidos, habitante de augas profundas, co corpo oval comprimido lateralmente, de cor tirando a verde polo lombo e a branca polo ventre, que acada os quince quilos de peso. apreciado pola súa abundante carne e de nome científico Cyprinus carpio.

0 comentarios