CANTO SABES DE XAMAICA? VII
Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é Blue Mountain. Tamén denominado Pico Montaña Azul, é a montaña máis alta do país caribeño de Xamaica con 2.256 metros. Atópase no límite entre as parroquias de Portland e Santo Tomás de Xamaica. Nas súas ladeiras cultívase o coñecido Jamaican Blue Mountain Coffee (é dicir, o café xamaicano da Montaña Azul).
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o maior río de Xamaica?
- Río Grande
- Río Minho
- Río Negro
- Rio Cobre
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: suecaexpres.com e youtube.com
0 comentarios