Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? IX

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Kneiff. O relevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado Oesling, esténdense os contrafortes meridionais do macizo montañoso das Ardenas, cunha altura máxima de 560 metros. Ao sur, o Gutland, constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense cunha altura media duns 250 metros. Kneiff ou Op Kneiff é un outeiro situado no municipio de Ëlwen/Troisvierges, no norte de Luxemburgo. Cos seus 560 metros, é o punto máis alto no país. É 1 metro máis alto que o outeiro próximo de Buurgplaatz, que a miúdo se considera, erroneamente, o punto máis alto de Luxemburgo.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Tendo en conta o pequeno tamaño do país, cal é o principal río de Luxemburgo?

- Eisch

- Alzette

- Pétrusse

- Mosela

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: mapcarta.com/es e expedia.es

0 comentarios