CANTO SABES DE LUXEMBURGO? XII
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Banco central Europeo. Na súa condición de membro fundador da Unión Europea e grazas á súa localización xeográfica central dentro da organización, a cidade de Luxemburgo é unha das tres sedes comunitarias. Nela atópanse institucións como o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Banco Europeo de Investimentos, o Tribunal de Contas Europeo, a Oficina de Publicacións, así como diferentes servizos da Comisión Europea. A presenza do Parlamento Europeo en Luxemburgo componse actualmente da Secretaría Xeral do Parlamento Europeo e os seus servizos, aínda que o Parlamento celebrou sesións plenarias na cidade durante un breve período. O Banco Central Europeo (BCE) non está en Luxemburgo, senón en Frankfurt, Alemaña.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Luxemburgo nalgún momento da súa historia estivo baixo o dominio español?
-Si
- Non
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: hablamosdeeuropa.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios